Protección de datos
Quen é o responsable do tratamento dos seus datos?
- Identidade: Confederación de Empresarios de Lugo (CEL)
- CIF: G27019793
- Enderezo postal: Praza de Santo Domingo, 6-8-2º; 27001 Lugo
- Teléfono: 982231150
- Correo electrónico: lopd@cel.es
Cando a entidade denunciada non sexa a CEL, o aviso da presentación da súa denuncia será remitido a esa entidade; sendo ela, así mesmo, responsable do tratamiento dos seus datos. Suxerimos a lectura da información sobre protección de datos na súa web.
Con que finalidade tratamos os seus datos personais?
Tratamos os seus datos coa finalidade de xestionar axeitadamente as denuncias que se presenten a través deste canal de denuncias.
Por canto tempo conservaremos os seus datos?
Conservaremos os seus datos mentras sexan obrigatorios en virtude da normativa de aplicación.
Cal é a lexitimación para o tratamento dos seus datos?
A base legal para o tratamento dos seus datos é o seu propio consentimento ou o do seu representante legal. Todo isto acorde coa Lei 2/2023, de 20 de febreiro, reguladora da protección das persoas que informen sobre infraccións normativas e de loita contra a corrupción.
A que destinatarios se comunicarán os seus datos?
O seus datos non serán comunicados a ningunha entidade. Só no caso de que os feitos denunciados sexan constitutivos de delito poderán ser revelados ás forzas e corpos de seguridade.
Cales son os seus dereitos cando nos facilita os seus datos?
Vostede ten recoñecidos, pola normativa aplicable á protección de datos, os dereitos de acceso aos datos personais, obtidos neste ou otros formularios, así como á súa rectificación ou supresión, á limitación ou oposición ao seu tratamento, á portabilidade dos seus datos, así como a non ser obxecto dunha decisión baseada unicamente en tratamentos automatizados.
Tamén ten dereito a presentar unha reclamación perante unha autoridade de control como, por exemplo, a Agencia Española de Protección de Datos (www.agpd.es)
Contido e propiedade intelectual
O obxectivo deste sitio web é ofrecer un canal de interno de información acorde coa Lei 2/2023, de 20 de febreiro.
Queda expresamente prohibida calquera alteración, cambio, modificación ou adaptación desta páxina web por persoas non autorizadas pola CEL.
Política de cookies
Na web https://canaletico.cel.es utilizamos cookies para facilitar a relación dos visitantes. En cumprimento do art. 22 da Lei 34/2002, de servizos da Sociedade da Información, modificada por Real Decreto-lei 13/2012 polo que se traspón, entre outras, a Directiva 2009/136/CE, procedemos a informalo detalladamente do uso que se realiza na nosa web.
Denomínanse cookies a uns pequenos arquivos que se gravan no navegador utilizado por cada visitante da nosa web para que o servidor poida recordar a visita dese usuario con posterioridade cando volva acceder aos nosos contidos. Esta información non revela a súa identidade, nin dato persoal ningún, nin accede ao contido almacenado no seu PC, pero si que permite ao noso sistema identificalo a vostede como un usuario determinado que xa visitou a web con anterioridade, visualizou determinadas páxinas, etc. e ademais permite gardar as súas preferencias persoais e información técnica como por exemplo as visitas realizadas ou páxinas concretas que visite.
Se vostede non desexa que se garden cookies no seu navegador ou prefire recibir unha información cada vez que unha cookie solicite instalarse, pode configurar as súas opcións de navegación para que se faga desa forma. A maior parte dos navegadores permiten a xestión das cookies de 3 xeitos diferentes:
- As cookies son sempre rexeitadas
- O navegador pregunta se o usuario desexa instalar cada cookie
- As cookies son sempre aceptadas
O seu navegador tamén pode incluír a posibilidade de seleccionar con detalle as cookies que desexa que se instalen no seu ordenador. En concreto, o usuario pode normalmente aceptar algunha das seguintes opcións:
- Rexeitar as cookies de determinados dominios
- Rexeitar as cookies de terceiros
- Aceptar cookies como non persistentes (elimínanse cando o navegador se pecha)
- Permitir ao servidor crear cookies para un dominio diferente
Pode atopar información sobre como configurar os navegadores máis empregados nas seguintes ubicacións:
- Google Chrome, dende aquí
- Internet Explorer, dende aquí
- Mozilla Firefox, dende aquí
- Safari, dende aquí
Respecto das cookies de terceiros, é dicir aquelas que son alleas ao noso sitio web, non podemos facernos responsables do contido e veracidade das políticas de privacidade que eles inclúen, polo que a información que lle ofrecemos é sempre con referencia á fonte. Non existen cookies de terceiros nesta web.